imprimir

 

 

presentación A compañía Expresión produccións creouse no ano 2004 como froito dun duro traballo de base, riguroso e intenso durante moitos anos atrás do grupo "Expresión" Teatro, creando talleres de teatro afeccioado en colexios, institutos, asociacións, etc.

Este comenzo orixinouse coa obra titulada "Entre Nós" coa que se acadou un gran éxito, incluíndo o cartel de Non hai entradas en numerosas ocasións. Posteriormente representoú outras obras tales coma "O ladrón","OFIMAX" e "Imaxinarium Plus".

Así mesmo, tamén representa obras con monicreques, contacontos e outros espectáculos de maxia cos que traballa activamente nos diferentes circuitos culturais galegos como son "A rede Galega de Teatros e Auditorios", "Camiños de Cultura", "Rede Galega de Bibliotecas", "Plan Cultural da Deputación de Pontevedra" e diferentes concellos da autonomía galega.

 

foto foto foto foto foto foto foto foto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso .