imprimir

 

 SINOPSE

Uxío no país de Patadecabra Esta é unha obra inédita que mestura a maxia, o teatro e os monicreques creando un dinamismo contínuo enriba do escenario.

Está dirixido a todos os públicos, xa que tanto maiores como pequenos gozarán desta fermosa historia e de todos os seus personaxes.

"Uxío é un neno de 7 anos que quere chegar a ser un Gran Mago, aínda que a súa realidade dille todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia. Nese soño comezan a pasar cousas extraordinarias..." 

¿Qué pasará cando Uxío desperte?

Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que para conseguir algo so ai que desexalo con moita forza.

 

foto foto foto foto foto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso .